Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TAXA DE AFORRO

Un de cada catro euros queda nos petos

A taxa de aforro dos fogares acada o 24,3% da súa renda dispoñíbel no segundo trimestre do ano, unha cota inédita.

Redacción - 10:55 06/10/2009
A taxa de aforro duplicouse: só gastamos tres de cada catro euros que ingresamos

A taxa de aforro duplicouse: só gastamos tres de cada catro euros que ingresamos

Coa crise económica ás costas e a incerteza de como evolucionará a situación do mercado, os cidadáns optamos por aforrar unha boa parte dos nosos salarios. A taxa de aforro duplícase e elévase até cotas inéditas: os fogares e institucións sen ánimo de lucro aforraron o 24,3% da súa renda dispoñíbel no segundo trimestre de 2009, o que supón 10,8 puntos máis que no mesmo período de 2008. Así o revela o último informe do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Diminúe o consumo final das familias

Como consecuencia, aumentou un 4,3% a renda dispoñíbel, mais o gasto diminuíu outro 8,6%. En suma, o aforro aumenta un 87,5%, o máximo histórico rexistrado nesta estatística. Tomando como referencia os últimos catro trimestres (dende o terceiro de 2008 ao segundo de 2009), esta taxa acadou o 17,5% da renda dispoñíbel, 6,5 puntos máis respecto ao período anterior.

En termos exactos, o valor total de aforro dos fogares españois situouse en 46.351 millóns de euros neste segundo trimestre do ano (un 87,5% máis que hai un ano) por mor da redución do gasto no consumo final (-8,6%). Con todo, o comportamento das familias obedece, malia o pronunciado das estatísticas, a unha tendencia habitual: o aforro tende a aumentar antes das vacacións e do Nadal. Polo tanto, esta detracción do consumo é habitual, se ben agora a situación se ve agravada polas perspectivas de empeoramento nun futuro a curto prazo (tal e como reflicte o Índice de Confianza publicado polo Instituto de Crédito Oficial).


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: