Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Axudas europeas

Portugal sería o máis prexudicado se decide adiar o TAV ibérico

Perdería case 390 millóns de euros de subvención se cancela as liñas de alta velocidade, un 20% máis ca o Estado Español.

Redacción - 12:30 15/09/2009

Se o goberno portugués decide suspender ou cancelar a construción do tren de alta velocidade, o estado luso perderá máis fondos europeos ca o español, segundo informa o xornal Público. Eses fondos están destinados a financiar actuacións transfronteirizas: as liñas entre Ponte da Lima e Vigo (60 quilómetros) e entre Évora, Caia, Badaxoz e Mérida (outros 130).

Para cubrir os gastos deses treitos, a Rede Transeuropea de Transportes concedeulle a Portugal unha subvención total de 389 millóns de euros, que non poderán ser afectados noutros proxectos, e que supoñen un 10 por cento de todo o orzamento previsto para trens de alta velocidade en toda a Unión Europea. De feito, a subvención para os treitos entre os dous estados ibéricos beneficia en maior medida a Portugal, que leva o 60% das axudas.

Si podería manter as axudas dos Fondos de Cohesión destinadas ao desenvolvemento das redes internas de alta velocidade no interior de Portugal, cuxos proxectos poderían ser modificados. Non podería, no entanto, recibir ese diñeiro da Unión Europea se decidise destinalo a outros asuntos.

Tamén, segundo informa Público, "a non execución do proxecto por parte dun país determina de inmediato o atraso no recibimento dos fondos da parte do outro país, podendo, no límite, orixinar a devolución de todos os fondos recibidos por ambas as partes".


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: