Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
96% a prol da independencia

O masivo "si" de Arenys dá azos a máis consultas en Cataluña

Convergència e ERC, entre outros partidos, anunciaron que apoiarán máis iniciativas xurdidas da sociedade civil.

Redacción - 09:00 14/09/2009

O electorado de Arenys de Munt votou este domingo masivamente a prol da independencia de Cataluña. Do 41 por cento de persoas censadas que acudiron ás urnas, o 96 manifestouse partidario, fronte a un 2,28% que optou pola papelata do "non".

Convergència Democràtica de Catalunya, Esquerra Republicana e outras forzas políticas amosaron a súa satisfacción polo éxito da consulta e xa anunciaron que apoiarían a convocatoria doutras semellantes noutros concellos cataláns, "sempre que as iniciativas nazan da sociedade civil", segundo Àngel Colom, de CDC. De feito, xa arredor de 60 municipios anunciaron que convocarán unha consulta para o 15 de outubro.

As cifras
Deste xeito, de 2.671 votantes, 2.569 amosáronse a favor. A cifra foi máis alta aínda que a que se acadara no referendo do Estatuto do ano 2006. A porcentaxe de participación, máis alta do que agardaban os organizadores, estivo por riba da do referendo da constitución europea e das eleccións europeas, aínda que resultou inferior á do referendo do Estatuto. Ademais, o censo fora máis amplo ca nos anteriores comicios, pois incluía todas as persoas empadroadas de máis de 16 anos, con ou sen cidadanía española.



5/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: