Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECINTO FEIRAL DE SILLEDA

O PPdeG aponlle ao bipartito a crise económica que sofre a Semana Verde

Redacción - 13:00 04/06/2009

A memoria dos políticos á hora de falar da Fundación Semana Verde de Silleda fraquea. O último 'lapsus' cometeuno o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Nunha visita ás instalacións anunciou un investimento de 850 mil euros para garantir a viabilidade da institución. Rueda botoulle toda a culpa da situación actual ao bipartito. Aínda que    durante o bipartito a Semana Verde continuou en coidados intensivos, a grave crise que sofre a Semana Verde remóntase, cando menos, a finais dos anos 90.

Nunha conferencia de prensa, na que tamén estivo acompañado polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o conselleiro agradeceu os esforzos do organismo provincial, que tamén anunciou un investimento de 250 mil euros.

Segundo Rueda, a crise na institución feiral era de tal entidade que era probábel que non se poidesen pagar as nóminas dos traballadores. O novo Goberno promete “austeridade” no gasto pero “compromiso” para devolverlle vitalidade á Semana Verde.

A xerente da entidade, Paloma Hidalgo, agradeceu o “pleno apoio” da Xunta e subliñou a importancia da inxección económica a partir da que se poden “levar adiante accións encamiñadas ao autosustento e autofinanciamento do recinto”.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: