Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA EVITAR "DUPLICIDADES"

Caixanova anuncia a "reestruturación" de 27 oficinas

A estratexia que vai poñer en marcha a caixa potenciará o autoservizo e a "especialización" e "novos roles" para o persoal.

Redacción - 18:00 18/05/2009

Caixanova anunciou que "reestruturará" 27 das súas 587 oficinas en Galiza para evitar a duplicación que supón contar con sucursais situadas en lugares moi próximos ou que xeran unha saturación de mercados.

Segundo indicou nun comunicado, a caixa pretende crear nestes casos unha oficina "máis ampla", con "máis servizos" e persoal "altamente cualificado e especializado", o que se traduza nunha mellora das economías de escala e do rendemento das novas sucursais.

A estratexia enmárcase nun proceso de "reconfiguración" do seu modelo para eliminar as "duplicidades" que aínda existían derivadas da integración das caixas de aforros de Vigo, Pontevedra e Ourense no ano 2000. Entre as estratexias que levará a cabo Caixanova están reforzar o autoservizo para converter as oficinas no "centro de comunicación co cliente".

As persoas empregadas terán "novos roles" de "maior especialización", aínda que Caixanova apuntou que os posíbeis cambios "analizaranse de forma particularizada e procurando un acordo entre as dúas partes". O proceso durará os tres meses posteriores á aprobación da medida.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: