O presidente da Generalitat Valenciana deberá declarar perante o xuíz José Flors o 19 de maio, xunto co voceiro do PPV, Ricardo Costa.
Francisco Camps
O maxistrado da sala do Civil e do Penal José Flors citou a declarar como inputados o presidente da Generalitat Valenciana, Francisco Camps, e o voceiro do PP nas Corts Valencianes, Ricardo Costa, na causa aberta por un suposto delito de soborno derivado do caso Gürtel.
Os dous políticos do PP están chamados o vindeiro martes 19 de maio, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana. Tamén declararán, o día 20, o ex-conseller Víctor Campos e o xefe de protocolo da Deputación de Valencia, Rafael Betoret.
Son as primeiras citacións que acorda José Flors, que instrúe a causa, dende que o 21 de abril o alto Tribunal valenciano aceptara a competencia exposta por Baltasar Garzón, que atopou indicios de delito nos dous aforados.