Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nomeamentos no Consello da Xunta

Elixidos os cinco baróns provinciais que pilotarán as delegacións da Xunta

Diego Calvo, para A Coruña; Raquel Arias, en Lugo; Roxelio Martínez, en Ourense; Xosé Manuel Cores Tourís, en Pontevedra; e Lucía Molares, en Vigo.

Redacción - 12:15 30/04/2009
O presidente do Goberno á saída do último Consello da Xunta deste mes de abril

O presidente do Goberno á saída do último Consello da Xunta deste mes de abril

Baixo os criterios de "eficacia, austeridade e economía" insistiu este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que se crean as cinco novas delegacións territoriais da Xunta, unha por provincia e a maiores a adscrita á metrópole viguesa. Durante a confirmación dos nomes dos cinco delegados e delegadas, Núñez Feijoo asegurou que, segundo os números do Goberno, será posíbel para a Xunta aforrar un total de catro millóns de euros por ano.  

A concelleira viguesa Lucía Molares é a principal novidade da lista de nomeamentos achegada este xoves polo Consello da Xunta ao respecto das novas delegacións territoriais da Xunta de Galicia. Molares deixará o labor municipal para ocupar a nova superdelegación do Goberno na área metropolitana de Vigo. Ao fío, destaca a decisión da Xunta de restrinxir a manobra da nova delegada viguesa a só 14 concellos, en concreto os municipios que xa integraban o proxecto de área metropolitana manexado polo último goberno Fraga. Polo miúdo: os concellos de Nigrán, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo, Cangas e Moaña.

Por outro lado, o na actualidade alcalde de Cambados, Xosé Manuel Cores Tourís, será o delegado da Xunta para a provincia de Pontevedra. En Ourense, a delegación estará xestionada polo rexedor de Arnoia, Roxelio Martínez. Ademais, confírmase para a de Lugo á que foi cabeza de lista provincial do PP nas últimas eleccións, a ex alcaldesa de Sober, Raquel Arias. E outro nome que xa soaba desde hai días, o do ex presidente de Novas Xeneracións do PPdeG, Diego Calvo, home do equipo de confianza de Núñez Feijoo na dirección do PP galego, que pilotará a superdelegación d'A Coruña. Neste caso, o Goberno estabelece unha "unidade administrativa especial" para a cidade de Ferrol. Calvo e Arias deixarán os seus actuais escanos na Cámara para acceder aos novos cargos.

Mesmas funcións, diferente organigrama
Na práctica, as delegacións territoriais exercerán a representación da Xunta no xeito en que xa o viñan facendo, asumindo a coordinación das competencias da administración do país en cada unha das áreas correspondentes.

Se ben no canto dun delegado por cada unha das consellarías pasa a haber un teórico único delegado, tal e como subliñan os representantes sindicais na aministración, no día a día haberá os correspondentes encargados da xestión de cada unha das áreas, malia que non serán considerados altos cargos. Cada delegación contará tamén cunha secretaría territorial e unha comisión territorial de coordinación. Os delegados territoriais gozarán de categoría equivalente á de director xeral e dependerán organicamente da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.


1,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: