Porén, o candidato á Secretaría Xeral insistiu na idea de que as pasadas "eleccións non as gañou o PPdeG, senón que as perdeu o PSdeG e o BNG".
"Deixar de lado os nomes", pide Vázquez
O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG e secretario provincial dos socialistas ourensáns, Manuel 'Pachi' Vázquez, asegura que o PSdeG necesita "unha profunda renovación" nas estruturas da súa dirección para volver ser a "alternativa de cambio" nas próximas eleccións autonómicas.
Nunha entrevista en Radio Nacional, Vázquez cre que para o lograr, a dirección do PSdeG debe "escapar dun proxecto personalista", "deixar de lado os nomes" e instalar un "modelo de diálogo máis colexial e participativo" no que "un home e unha muller", coa "participación dos militantes", se encargue da "representación" e do "rumbo" do partido.
Segundo Vázquez, se o socialistas conseguen estes obxectivos de "innovación" e "integración", converterase na "alternativa" de cambio porque, sinalou, "o PSdeG goza dunha inmensa madurez política" como para "levantar a cabeza" nun momento tan "doloroso". Neste senso, insistiu en que as pasadas "eleccións non as gañou o PPdeG, senón que as perdeu o PSdeG e o BNG".