Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANÍMASE A SUCESIÓN

Gonzalo Caballero disputaralle a Secretaría Xeral do PSdeG a Manuel Vázquez

O ex-concelleiro de Vigo asegura que xa conta coa metade dos avais necesarios para formalizar a súa candidatura.

Redacción / EP - 12:20 17/04/2009
Gonzalo Caballero reclama un debate de ideas no PSdeG

Gonzalo Caballero reclama un debate de ideas no PSdeG

O socialista vigués, Gonzalo Caballero, confirmou que presentará unha candidatura á Secretaría Xeral do PSdeG no congreso que se celebrará o vindeiro 25 de abril. O ex-concelleiro de Vigo e líder do sector crítico do partido informou que xa conta coa metade dos avais necesarios e co apoio de 50 dos 500 delegados que participarán nesta xuntanza.

Do mesmo xeito, e segundo informa Europa Press, Caballero xa remitiu unha carta á xestora do partido para pedirlle que convoque a vindeira semana catro reunións nas diferentes provincias galegas con todos os delegados, para poder explicarlles o seu proxecto.

Nos pasados días, o agora confirmado candidato insistira na mensaxe da necesidade de cambio no partido. "é preciso que o PSdeG saia renovado e forte do congreso do 25 de abril", dicía ao tempo que engadía: "sentimos que hai unha mensaxe da militancia e dos votantes socialistas, que piden a renovación no socialismo galego".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: