Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O GALEGO NA PRENSA

Premio para o mellor artigo sobre a lingua

O Concello de Carballo volve convocar, por quinto ano consecutivo, o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, coa colaboración de 10 medios, entre eles Vieiros.

Redacción - 18:50 16/04/2009

O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, en colaboración con 10 medios de comunicación escrita, entre eles Vieiros, convoca a quinta edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Os obxectivos do certame son reflexionar sobre a situación social da lingua, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do galego e promover o seu uso na prensa escrita.

Pódense presentar artigos xornalísticos de opinión inéditos que traten algún tema relacionado co idioma, como a súa defensa e promoción, o status, experiencias dinamizadoras ou política lingüística. A súa extensión será de entre 2.500 e 3.500 caracteres, e o prazo de admisión, que acaba de abrirse, remata o 8 de maio. Haberá un único gañador que recibirá 1.200 euros.

As bases íntegras poderanse consultar na web do concello carballés, escribindo un correo a normalizador@carballo.org ou chamando ao teléfono 981 704 304. Nas anteriores edicións recibiron o premio autores como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa e Xesús Fraga.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: