Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O segundo premio foi para Sechu Sende

Miguel Mosquera gaña o Premio de Artigos Normalizadores do Concello de Carballo

O xurado decidiu outorgar unha mención especial para un traballo de Xabier Cid.

Redacción - 23:41 10/05/2007

O III Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores Concello de Carballo xa ten gañador. Miguel Mosquera Fociños, un estudante de terceiro ciclo da USC, impúxose no certame cun traballo titulado “Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades”. O artigo "Guía da sociolingüística sexual", do escritor e profesor Sechu Sende, obtivo o segundo galardón. Finalmente, o xurado propuxo un accésit para o traballo "Rariño seralo ti", de Xabier Cid, profesor de galego na Universidade de Stirling (Escocia).

O xurado destacou a “notábel calidade” dos 33 artigos presentados este ano ao certame. Os gañadores dos dous primeiros premios, dotados con 1.000 e 350 euros recollerán os seus galardóns o vindeiro xoves 17 de maio nun acto que organiza o Concello de Carballo. Os artigos vencedores publicaranse en diferentes medios do país, entre eles Vieiros.


Ligazóns

4,33/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: