Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois da marea de ERE que afectou o sector

Perto de dous mil traballadores da automoción aínda non cobraron as prestacións

A CIG denuncia que 800 empregados de GKN Driveline non recibiron ningunha indemnización. Porén, a maior parte das auxiliares de Citroën están nesta situación.

Redacción - 09:30 07/04/2009
Traballadores de GKN Driveline concentrados ás portas de Citroën / Imaxe: CIG

Traballadores de GKN Driveline concentrados ás portas de Citroën / Imaxe: CIG

A sección sindical da CIG na empresa GKN Driveline, auxiliar da factoría viguesa do Grupo PSA Peugeot-Citroën, denunciaron que os traballadores aínda non cobraron as prestacións por desemprego derivadas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que os afecta.

O ERE foi aprobado en xaneiro deste ano pola Xunta e o goberno español, porén, segundo sinalan dende este sindicato, o INEM aínda non fixo os pagos correspondentes, que afectan a case 800 traballadores. Segundo a CIG, dado o número de empregados afectados e os días de ERE que se están a aplicar -unha media de 25 por empregado-, trátase dunha "cantidade de diñeiro moi importante" que pode superar os 1.100 euros por cada traballador". Dende a central sindical tamén ameazaron con comezar a mobilizar os traballadores se a vindeira segunda feira 13 de abril non están feitos os pagamentos correspondentes.

Máis de 2.500 traballadores sen cobrar as prestacións por desemprego na automoción
Mais esta non é a única empresa fabricante de compoñentes do sector da automoción da comarca de Vigo que está na mesma situación. Segundo publica o xornal Faro de Vigo, hai máis de 2.500 traballadores que están a sufrir os atrasos no cobro dos días para os que foi aprobado un ERE na súa empresa.

Neste proceso estarían, ademais de GKN Driveline, as auxiliares Gestamp, Dalphi, MGI Courtier, Faurecia e Celmarsa, auxiliar de limpeza de Citroën. Os expedientes para as empresas con máis de 300 traballadores tramítanse dende Madrid e dende o INEM.


Ligazóns

4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: