Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Bos números respecto a outras factorías

Malia a crise a planta de Citroën mantense como a máis "produtiva" do sector

A fabricación en Vigo reduciu cifras nun 19% pero aparece así a todo, con 439 mil unidades saídas da factoría, á fronte das empresas estatais da automoción.

Redacción / EP - 09:00 22/01/2009

Foron en números concretos un total de 439.644 vehículos fabricados en 2008 na planta do grupo francés PSA Peugeot-Citroën en Vigo, o que indica unha redución respecto do anterior exercicio dun 19,64%.

Así e todo, mirando as cifras difundidas pola Asociación Estatal de Fabricantes de Automóbiles e Camións (Anfac), a planta viguesa aparece por riba de todas as demais que operan no conxunto do Estado. Atrás dela está en volume de fabricación a do consorcio General Motors en Figueruelas (Zaragoza), que rexistrou unha produción de 423.192 unidades, cunha diminución do 12,99%, mentres que o terceiro posto vai para a factoría de Seat en Martorell (Barcelona), con 370.293 unidades, un 7,13% menos.

Por outro lado, Ford chegou a unha produción de 357.646 vehículos na súa instalación valenciana de Almussafes, o que se traduce nun retroceso do 14,64% en comparación coas unidades construídas durante 2007. Mentres, Volkswagen fabricou en Landaben (Navarra) 259.000 unidades, un 13,38% máis. A fábrica de Renault en Palencia alcanzou unha produción de 164.913 unidades en 2008, un 6,73% menos, mentres que a planta da mesma marca en Valladolid reduciu un 10,83% a súa produción en 2008, ata 93.150 unidades.

Citroën non descarta un despido masivo en marzo


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: