Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os populares revisarán o proceso

Vicepresidencia aclara que o PPdeG terá que resolver as oposicións do Consorcio

Os traballadores agoiran que as "difamacións" lanzadas polo equipo de Feijoo agochan a intención de "privatizalo".

Redacción / EP - 09:00 18/03/2009
O vicepresidente da Xunta durante un acto do Consorcio de Igualdade e Benestar

O vicepresidente da Xunta durante un acto do Consorcio de Igualdade e Benestar

A convocatoria estaba pechada antes de iniciado o período electoral, polo que se trataría dun proceso "alleo" aos tempos políticos, explicaban este martes desde a Vicepresidencia da Xunta ao respecto das oposicións convocadas para o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar. Do mesmo xeito, insisten en que se trata dun concurso "regulamentado e pactado" cos propios sindicatos de xeito totalmente "transparente".

Deste xeito, e en resposta ás críticas nas que o PPdeG insistía na mesma xornada ao respecto do proceso, pedindo a súa paralización "inmediata" e poñendo en cuestión a súa legalidade, aclaraban desde a Xunta que será o propio equipo do PP despois de tomar o relevo no Goberno o que "resolverá" as oposicións convocadas. Deste xeito, a resolución final do concurso, con 338 prazas en xogo, corresponderíalle tomala ao futuro goberno do PP, desde onde xa advirten que farán cambios para "axustalo á lei".

"Queren privatizalo", acusa a CIG
As críticas do PP eran respondidas no mesmo día pola Confederación Intersindical Galega (CIG), desde onde consideran que os populares ocultan "tras as súas difamacións" sobre o proceso a presunta intención de "privatizalo" para "beneficiar os seus amigos".

Nun comunicado de prensa a CIG avalía que o PP "non se atreve a admitir que privatizarán os servizos" e teiman desde o sindicato en que "ocultan tras unha cortina de fume" as súas verdadeiras intencións. "Entregalos aos grupos relixiosos ou empresariais suporá sacarlle proveito económico co custe da precarización do traballo e desprezar a asistencia", concluíu a CIG acerca do que entende que fará o PPdeG no Goberno.

A CIG indica que o PPdeG optou por "denigrar" o Consorcio e aos seus traballadores para "non crear alarma social" sobre a súa "intención" de "privatizar" os servizos públicos. Sobre o proceso, a central sindical remitiuse ás explicacións públicas realizadas anteriormente e nas que os comités de empresa, CIG e UXT, que representan o 86% dos traballadores defenderon a "legalidade" do proceso.


4,38/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: