Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: consorcio

2/Xullo/2010 /

Protesta contra a Xunta por desmantelar as políticas sociais

A Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais lémbralle ao Goberno que ten a obriga de desenvolver os servizos públicos.


30/Xuño/2010 /

O desmantelamento do consorcio, agoiro da volta ao clientelismo

"Puro sectarismo político", repróchanlle ao PP desde o Bloque, prevendo a privatización de servizos e o regreso da discriminación en función da cor política.


26/Maio/2010 /

A Policía desaloxa delegados da CIG que estaban pechados no Consorcio de Benestar

Os representantes sindicais denuncian que a Xunta non lles aclara o seu futuro laboral.


7/Maio/2010 /

A Xunta disolverá o Consorcio para crear unha Axencia de Servizos Sociais

O Goberno ten previsto que o cambio se produza cara final de ano e afirma que se manterán os postos laborais. O BNG sospeita que o executivo busca un modelo de relacións clientelares.


28/Abril/2010 /

Traballadores en defensa dos servizos públicos e contra os "ataques, difamación e desprezos"

A policía desaloxou este mércores os delegados do Consorcio de I+B que protestaban polo "recorte e deterioro de servizos".


26/Marzo/2010 /

O Consorcio Audiovisual asumirá todas as competencias do sector a mediados de abril

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, asegurou que o traspaso se fará a semana da gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o 15 de abril en Narón.


11/Marzo/2010 /

Dos supostos “enchufados” aos contratos sen proceso de selección ningún

O DOG publica o concurso que permitirá a xestión privada dos centros de día de San Sadurniño, Culleredo, Rois, Xinzo de Limia, O Porriño, Tomiño e Begonte.


10/Febreiro/2010 /

O Consorcio de Igualdade e Benestar volve a protagonizar o debate político sobre servizos sociais

O BNG acusa ao Goberno de traballar na privatización e o PPdeG retruca afirmando que os nacionalistas practicaron “política ficción”.


8/Febreiro/2010 /

López Abella asegura que nunca quixo inxuriar as traballadoras de I+B pero négase a rectificar no Parlamento

As demandantes afirman que só pararán as accións xudiciais cando a secretaria xeral de Familia e Benestar desdiga as acusacións de "enchufismo" no Hórreo.


30/Xaneiro/2010 /

Contra o retroceso no sistema público de servizos sociais

Máis de 60 entidades manifestáronse en Compostela denunciando a actitude privatizadora do Goberno, que "vai contra o propio Estado de Benestar".


19/Xaneiro/2010 /

“Estamos cansas de tanta manipulación, mais non vencidas”

Cunha nova folga, as traballadoras do Consorcio exixen a aplicación do convenio negociado en marzo e desmenten que perciban elevados salarios.


18/Xaneiro/2010 /

Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar volven á rúa para reclamar a aplicación do convenio

A CIG convoca este martes unha nova folga xeral na que tamén se exixe a readmisión de 61 compañeiros das oficinas de I+B.


12/Xaneiro/2010 /

A Xunta adica catro millóns á privatización dos centros de día

O BNG denuncia que no capítulo de investimentos a dotación é de 0 euros, mentres que se favorece a xestión privada de centros, residencias e escolas infantís.


29/Decembro/2009 /

As tres universidades quéixanse de recortes en Bugalicia

Denuncian que a Xunta achegará 400 mil euros menos, o que impedirá que o órgano cumpra o seu papel de centro de referencia científica.


22/Decembro/2009 /

"Que empresas amigas xestionarán os servizos sociais?", pregunta o BNG

Aymerich augura que unha compañía da que é apoderada a irmá do presidente da Xunta asinará moitos contratos logo da privatización dos centros de día.


17/Decembro/2009 /

A CIG cifra nun 90% o seguimento da folga no Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar

Dende o BNG reiteran que a Xunta desmantela o ente público para que as “empresas amigas” fagan negocio.


3/Decembro/2009 /

Os traballadores do Consorcio volven á rúa

Delegados da CIG maniféstanse para denunciar a privatización do servizo público, amáis do desmantelamento das oficinas de I+B e o despedimento dos seus traballadores.


1/Decembro/2009 /

O PPdeG quéixase de chamadas a usuarios do Consorcio anunciando o empeoramento do servizo

Antonio Rodríguez Miranda culpou dos feitos a militantes do BNG, mentres Carlos Aymerich asegura que o xerente do Consorcio confirmou a privatización de 14 centros.


28/Novembro/2009 /

A Xunta confirma que privatizará 14 centros de día

O xerente do Consorcio asegura que é a única opción para abrir estes edificios proxectados polo bipartito e adianta que permitirá un aforro do 25%.


24/Novembro/2009 /

Traballadores do Consorcio maniféstanse contra o desmantelamento das oficinas I+B

Protestan polo despedimento de 61 persoas e piden que a Xunta rectifique esta decisión.