A vila ourensá recibe esta segunda feira a baixada da Morena, acompañada de formigas, toxos e cobelleiros, nun dos entroidos máis internacionais do país.
Este 23 de febreiro Laza celebra o seu Luns Borralleiro, un dos puntos culminantes do seu entroido. Pola mañá, as rúas da vila énchense do ritmo das charangas, mentres teñen lugar a farrapada e a xitanada dos burros e maragatos na céntrica praza da Picota.
Pola tarde é a quenda da baixada da Morena dende Cimadevila, acompañada de toxos, cobelleiros e das famosas formigas. Ao remate, as persoas participantes no entroido de Laza repoñen forzas con cachucha, pan e viño. Pola noite, haberá verbena e baile con dúas orquestras.
No YouTube hai vídeos de edicións pasadas do entroido de Laza, aínda que non é o mesmo que vivilo in situ.
As formigas no Luns de Entroido de Laza en 2008
Peliqueiros en 2007
Peliqueiros no Luns Borralleiro en 2008