A festa da vida ten os seus días grandes en todo o país. Está nas rúas para quentar o espírito.
O Entroido celébrase en todo o país, pero hai algunhas vilas nos que a festa non deixa ninguén na casa, sobre todo en Ourense (Xinzo, Verín, Laza, Maceda, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Allariz, Sarreaus, Castro Caldelas ou Bande), mais tamén en Vigo, O Hío, Pobra de Brollón ou Merza. Apunta estas datas:
Venres 1 de febreiro
Vigo: Concurso de Coplas
Laza: Venres de Folión
Sábado 2 de febreiro
Laza: Sábado das Cabritadas
Verín: Sábado de Entroido
Domingo 3 de febreiro
Vigo: Domingo de entroido (Saída dos merdeiros)
O Hío: Domingo de entroido (chegada dos gaiteiros)
Laza: Domingo de estrea (Peliqueiros)
Verín: Domingo de entroido (máscaras e cigarróns)
Xinzo: Domingo de entroido (Pantallas)
Pobra do Brollón: Domingo de entroido (Madamas e danzantes)
Luns 4 de febreiro
O Hío: Luns de entroido
Laza: Luns borralleiro
Verín: Luns fareleiro
Pobra do Brollón: Luns de entroido (Saída do oso)
Martes 5 de febreiro
Vigo: Martes de entroido (Saída dos merdeiros)
O Hío: Martes de entroido
Vilaboa: Martes de entroido
Laza: Martes de entroido
Verín: Martes de entroido (máscaras e cigarróns)
Pobra de Brollón: Martes de entroido (Madamas e danzantes)
Mércores 6 de febreiro
Xinzo: Mércores de cinza, enterro da sardiña
Domingo 10 de febreiro
Verín: Domingo de Piñata
Xinzo: Domingo de Piñata
Léxico básico do Entroido
Política Lingüística recolleu na súa web o vocabulario "básico" do entroido, que poden variar en función da zona de Galiza debido á "enorme riqueza etnográfica e léxica" do país. Aí están explicacións sobre a cacheira, as carautas, os choqueiros, as madamas e galáns, ou o meco.
Le o Especial Entroido da provincia de Ourense, en Vieiros da Escola
Mira o Especial Entroido que publicou Vieiros en 1999