Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Dimite o edil ferrolán de Esquerda Unida que asinou en contra do galego

Miguel Reimúndez renunciou ao seu cargo municipal e á súa militancia na formación porque non comparte, entre outras cousas, a posición de EU en política lingüística.

Redacción - 18:30 05/02/2009
Miguel Reimúndez, á dereita

Miguel Reimúndez, á dereita

O edil de Esquerda Unida (EU) en Ferrol, Miguel Reimúndez, presentou a súa carta de dimisión esta cuarta feira á noite, informou a Radio Galega. O Consello Local manterá unha xuntanza esta quinta a partir das 20.00 horas para dar conta da nova situación, segundo confirmaron a Vieiros fontes do mesmo.
 
Reimúndez, que renuncia ao seu cargo como edil do concello e mais á súa militancia en EU, foi concelleiro de Obras durante o goberno de coalición co PSdeG. O motivo principal da súa decisión, afirmou, son as discrepancias que mantén coa dirección en determinadas cuestións de relevancia. En concreto, salientou a posición que EU adoptou en política lingüística.

A postura de Esquerda Unida, que defende un modelo de "plurilingüismo nacional" -é dicir, ademais da aprendizaxe de galego, castelán e inglés ou francés, tamén a de portugués, catalán e éuscaro-, choca coa de Miguel Reimúndez, que publicamente deu o seu apoio a unha asociación contraria á normalización da nosa lingua.


4/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: