Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

No medio de incumprimentos, parche: fotocopia de carné para votar na emigración

A Xunta Electoral Central acordou esixirlle aos electores residentes ausentes que exerzan o seu dereito a sufraxio por correo a inclusión dunha copia do pasaporte ou do carné.

Redacción / Europa Press - 09:00 21/01/2009
"Aínda queda moitos pendente na reforma do voto emigrante", sinalan desde o BNG

"Aínda queda moitos pendente na reforma do voto emigrante", sinalan desde o BNG

A Xunta Electoral Central atende así á petición presentada polo PP para solicitar "que se garanta minimamente" a identificación dos residentes no exterior mediante documentos acreditativos. Nunha instrución aprobada con data deste martes, e que será publicada polo Boletín Oficial do Estado (BOE), a Xunta Electoral Central sinala que os emigrantes deberán incluír no sobre a enviar á Xunta Electoral Provincial, xunto ao sobre ou sobres de votación e o certificado de inscrición no censo, unha fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas ou, no seu defecto, polo consulado no país de residencia.

Na instrución, á que tivo acceso Europa Press, dise que a "nota explicativa" que ten que acompañar ao envío de oficio dos electores inscritos por parte da Oficina do Censo Electoral da documentación necesaria para a votación debe incluír, "con tipografía destacada", a necesidade de achegar a devandita documentación. Por último, sinala que as campañas institucionais destinadas a informar os electores residentes ausentes do procedemento para votar debe comunicar tamén a necesidade de achegar a devandita documentación de acreditación do exercicio persoal do voto.

Satisfacción de PP e BNG
Desde o Partido Popular expresaban a última hora do martes a súa "satisfacción" tras ter coñecemento da decisión. O PP solicitáralle isto o pasado día 13 á Xunta Electoral Central apelando á experiencia "dos últimos anos", que constata que o procedemento de votación dos emigrantes "non cumpre coas garantías necesarias para a mínima identificación dos votantes". Os populares denunciaron os "constantes boicots" do PSOE a "calquera iniciativa que garanta as mínimas condicións democráticas" do voto dos residentes no exterior.

De igual xeito, o coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, cualificaba de "moi positiva" a decisión. Así e todo, recordaba Jorquera que "aínda quedan moitos aspectos pendentes na reforma para asegurar o voto emigrante". O BNG presentou alegacións ante a Xunta Electoral solicitando xustamente que fose “vixiante neste sentido” na campaña galega.


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: