Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara ao 1 de marzo

PSdeG e BNG volven bater a conto do voto emigrante

O nacionalista Francisco Jorquera, dixo que os socialistas manteñen "un dobre discurso vergonzoso". Antón Louro retruca que o Bloque fai "uso electoralista" do tema.

Redacción - 09:00 29/12/2008

"O PSOE xoga a marear, foron voceiros do PSOE os que manifestaron que é necesario un cambio, pero despois Ricardo Varela di outra cousa, malia que iso é a opinión do 90% da poboación galega, eu pídolle a Ricardo Varela que faga unha enquisa". Así se expresou o coordinador da Executiva do BNG e voceiro desta formación no Congreso, Francisco Jorquera, nos micrófonos da Cadena Ser.

Jorquera respondía á súa vez a unhas declaracións do vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, quen criticara a actitude do Bloque e denunciara que esta formación quere eliminar o voto emigrante polo "escaso apoio" que recibe. Ao respecto, Jorquera acusou os socialistas de manteren "un dobre discurso vergonzoso" para evitar a reforma do voto emigrante "por intereses electorais". "Din unha cousa en Galiza e outra en Madrid", afirmou o voceiro do BNG, criticando que ao PSOE "fáltalle vontade política" para impulsar a reforma do voto na emigración, insinuando que non o fan porque se benefician da actual situación.

Ás declaracións do nacionalista respondeu á súa vez o coordinador dos deputados galegos do PSOE no Congreso, Antón Louro, quen nun comunicado enviado aos medios, subliña que "o PSdeG-PSOE nunca reducirá nin limitará o dereito a voto dos emigrantes". "Se alguén dubida da vontade política do actual goberno español para impulsar a reforma das condicións do voto dos emigrantes é que está a facer diso un uso electoralista e actuando con evidente oportunismo político", opinou Louro. O deputado socialista insistiu en que a posición do seu partido "foi sempre firme e contundente para garantir o voto en urna dos residentes ausentes e as campañas electorais na emigración".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: