Para o ex presidente da Generalitat, un texto ratificado nas urnas polos cidadáns "non se poden tocar". Artur Mas propón un goberno de concentración.
O ex presidente da Generalitat de Cataluña, Pascual Maragall (PSC) propuxo unha mobilización cidadá se o Tribunal Constitucional español muda o texto do Estatuto presentado polo goberno catalán.
Esta cuarta feira, na inauguración do III Congreso Catalanista, na sede do Instituto de Estudos Cataláns, Maragall destacou que un texto que foi ratificado nas urnas polos cidadáns "non se pode tocar", e falou da necesidade de desenvolver un novo referendo no caso de que o TC cumpla os seus obxectivos. "Se tocan algo, que nos volvan preguntar", concluíu.
A convocatoria dun referendo foi a opción que tamén defendeu o presidente de CiU, Artur Mas, quen tamén propuxo un goberno de concentración nacional, ou adiantar as eleccións.
Gran mobilización da cidadanía
Pascual Maragall tamén propuxo convocar unha grande manifestación no caso de que o TC modifique do Estatuto, e suxeriu que ex presidentes da Generalitat, coma Jordi Pujol, xunto con ex presidentes do Parlamento, coma Heribert Barrera ou Joan Rigol, convoquen á cidadanía para saír á rúa, xa que terían unha "forza importante". Nas súas verbas, a manifestación sería chave neste proceso, xa que "se saca un millón de persoas á rúa, isto vai a misa".
Vídeo da intervención da Maragall: Maragall demana un nou referèndum i un milió de persones al carrer si el TC toca 'una coma' de l'Estatut