Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dos máis belixerantes co Estatut

Morre García-Calvo, maxistrado conservador do TC

Modifícase o equilibrio de forzas no Tribunal Constitucional en pleno debate dos recursos sobre o Estatut catalán.

Redacción - 09:00 19/05/2008
Sede do Tribunal Constitucional

Sede do Tribunal Constitucional

Roberto García-Calvo faleceu este domingo aos 65 anos de idade, despois de encontrarse subitamente mal á volta dunha xornada de caza. García-Calvo formaba parte do Tribunal Constitucional desde o ano 2001, cando entrara na institución despois de ser elixido polo Congreso a proposta do PP.

A desaparición da escena pública deste xuíz ten un profundo significado, xa que formaba parte do mediaticamente bautizado como "bloque conservador" do Constitucional. O seu pasamento modifica novamente o equilibrio de forzas do TC nun momento onde se agarda a resolución das sentenzas sobre o Estatuto de Cataluña e a lei que regula o casamento entre persoas do mesmo sexo, normas as dúas sobre as que presentara recurso o Partido Popular.

Poden ampliar en:


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: