Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CRISE ECONÓMICA

A tecnolóxica norteamericana Sun Mycrosistems despedirá seis mil traballadores

A empresa, especializada na venda de servidores, prevé unha redución de máis do 15% do persoal. Mentres outras compañías de Silicon Valley anuncian medidas similares.

Redacción - 18:30 14/11/2008
Oficina de Sun Microsystems en Santa Clara (California) / Flickr: AnGeL!

Oficina de Sun Microsystems en Santa Clara (California) / Flickr: AnGeL!

O sector tecnolóxico, que até agora parecía menos sensíbel á crise económica mundial, xa está a dar as súas primeiras mostras de problemas. A compañía Sun Microsystems, especializada na venda de servidores, deixará na rúa seis mil persoas.

Antes da apertura das bolsas o venres, Sun desvelou que despediría entre cinco e seis mil traballadores ou do 15 ao 18 por cento da súa forza de traballo. Co recorte, a compañía aspira a aforrar até 800 millóns de dólares ao ano, aínda que tamén prevé aumentar as perdas até 600 millóns, informa The New York Times.

Jonathan I. Schwartz, xefe executivo da empresa, explicou que, debido á "nova realidade económica", o seu obxectivo fora "eliminar algunhas das ineficiencias que complicaban facer negocio con Sun". Porén, aínda que as súas accións empezaron a subir, a última hora comezaban a acumular perdas superiores ao 1 por cento.

Non é o único caso dentro da industria tecnolóxica. Cisco Systems advertiu a semana pasada que as súas vendas ían baixar un 10 por cento este trimestre, mentres que Intel preveu un descenso do 19%, pois tanto os consumidores como as empresas están a reducir o seu gasto en tecnoloxía.

Outras compañías de Silicon Valley relacionadas coa industria dos microprocesadores, como Applied Materials e National Semiconductor, tamén anunciaron despedimentos. Estalles a acontecer o mesmo ás empresas centradas no mercado de consumo: Qualcomm, que fabrica chips para móbiles, ou Nokia tamén prognosticaron unha baixada das vendas e anunciaron reducións de custos para 2009. O freo no consumo en outubro agravouse máis aínda en novembro, algo que non acontecera nin na crise do 2000.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: