Unión Fenosa e a súa filial de servicios profesionais, Soluziona, veñen de asinar dous acordos de colaboración coa multinacional norteamericana Sun Microsystems, unha das principais provedoras de hardware e software para Internet. En virtude do primeiro acordo Fenosa convértese en cliente internacional de Sun, mentres que o segundo consiste nunha colaboración estratéxica entre Soluziona e Sun para o desenvolvemento de proxectos e iniciativas tecnolóxicas relacionadas coa creación e difusión de servicios avanzados na rede. Lembramos que Soluziona ten pensado saír a bolsa no segundo semestre deste ano cunha cuarta parte do seu capital.
.