Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS

Estudantes de todo o país dinlle "non" a Boloña

A folga convocada polo Sindicato de Estudantes tivo un seguimento no ensino medio do 90%, segundo a formación, e do 44% ,segundo a consellaría.

Redacción / EP - 19:40 13/11/2008

Arredor de catro mil persoas, segundo o Sindicato de Estudantes, protestaron este xoves en varias cidades do país respondendo á convocatoria dunha folga xeral contra o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), coñecido como o Plan Boloña.

Segundo os datos do sindicato, a manifestación máis numerosa tivo lugar en Compostela, con algo máis de 1.200 estudantes, seguida da de Pontevedra, con mil; 900 en Vigo, 700 na Coruña e 300 en Ferrol. O voceiro en Galiza do sindicato, Lucas Picó, dixo que o seguimento foi algo inferior á protesta do pasado día 22, agás en Pontevedra. Así, cifrou o respaldo do paro nun 70 por cento nas universidades e dun 90 no ensino medio.

Pola súa banda, a Consellaría de Educación apuntou que o seguimento da folga foi de entre un 43 e un 45 por cento no ensino medio, cunha porcentaxe "case uniforme" en todo o país.

O estudantado tamén amosou na xornada o seu rexeitamento a que o goberno español destine miles de millóns aos banqueiros e aos empresarios "mentres recortan a achega para educación e gastos sociais", dixo Picó.

O responsábel da agrupación estudantil tamén fixo un chamamento aos sindicatos CCOO, UXT e CIG para que convoquen unha folga xeral do profesorado conxuntamente coa protesta do estudantado.


3,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: