Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galiza Nova informa sobre a Declaración de Boloña

A asemblea local de Galiza Nova de Compostela promove dous actos informativos sobre a Declaración de Boloña que terán lugar o 6 de maio no salón de graos de Filoloxía e o día 8 na Facultade de Ciencias Políticas ás 20h. Interveñen Elías Torres, profesor de Filoloxía, Lourenzo Fernández Prieto, profesor na Facultade de Historia e un membro da CIG-Ensino.

- 09:31 06/05/2003
Tags:

A Declaración de Boloña é un proxecto europeo que busca a creación dun espacio común de educación superior para promover a mobilidade dos estudiantes, unificar estándares de calidade e simplificar as carreiras universitarias.

Na opinión de Galiza Nova, a Declaración nega as peculiaridades nacionais: "con esta lei búscase a consolidación dun mercado europeo que potencie a competitividade entre países, tal e como se recolle na propia Declaración".

Antes do 2010, todos os países que conforman a UE deben estar adaptados ao novo modelo educativo. As titulacións serán máis curtas (entre 2 e 3 anos), cunha especialización dirixida ao mercado laboral. Galiza Nova considera que deste xeito, as carreiras responderán á demanda de empresas privadas, "que terán un peso importante nos órganos universitarios".

Ademais, a mocidade nacionalista alerta que o sistema de bolsas continuará a diminuir ata a súa substitución polos créditos blandos. "Isto trae aparellado unha elitización do ensino e a desigualdade de oportunidades á hora de estudiar e de acceder a un posto de taballo digno".

As charlas informativas prodúcense días antes de que os ministros de Educación de 32 países da UE se reúnan en Praga, o 19 de maio, para continuar co proceso iniciado coa Declaración de Boloña.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: