Na final enfrontouse ao seu grande rival deportivo, Kiko Tur, que se viu obrigado a retirarse por mor dunha lesión no brazo.
Illobre, con Marta Souto e Vicente Irisarri
O mal tempo condicionou un torneo que quedou sen a súa agardada final por outro motivo. O domingo semellaba que a climatoloxía ía permitir ao numeroso público presente no Club de Campo ferrolán gozar dun novo enfrontamento entre Álvaro Illobre e Kiko Tur, os dous líderes da listaxe de xogadores estatais, pero neste caso foi unha doenza do catalán o que impediu o espectáculo.
Así, o encontro suspendeuse co marcador de dous xogos a un para Illobre, aínda no primeiro set. Os afeccionados desprazados até o recinto deportivo non puideron ver a arelada final, mais si que celebraron a vitoria do xogador local, que pecha así un gran ano. Illobre vai ter difícil esquecer este 2008 no que, ademais de vencer no torneo galego máis importante, participou nos Xogos Parolímpicos de Beixín e acadou os títulos estatais individual e por equipos.