Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
OITAVA EDICIÓN DO TORNEO DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS, FERROL

Nova entrega do enfrontamento entre Illobre e Tur

No cadro individual do torneo estarán 18 xogadoras e xogadores, entre os que o arense Álvaro Illobre e o catalán Kiko Tur parten como grandes favoritos.

Redacción - 12:20 31/10/2008
Illobre tratará de revalidar o título acadado o ano pasado

Illobre tratará de revalidar o título acadado o ano pasado

Este venres comeza a oitava edición do campionato de tenis en cadeira de rodas, en Ferrol. No torneo participan 18 xogadoras e xogadores, entre os que destaca a presenza dos tres primeiros da clasificación estatal. O venres disputaranse as primeiras eliminatorias, mentres que para o sábado quedarán as semifinais e o domingo a gran final.

Este torneo supón unha reedición da saudábel rivalidade que manteñen Álvaro Illobre e Kiko Tur, os dous primeiros da clasificación estatal. Illobre chega como actual campión do torneo e contará co apoio da afección local. Kiko Tur, primeiro da clasificación estatal, buscará redimirse das últimas derrotas sufridas nos campionatos estatais, tanto individuais como por equipos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: