Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O SUFRAXIO DA DIÁSPORA

Louzán sostén agora que haberá transparencia cando os emigrantes voten en urna

O presidente da Deputación de Pontevedra considera que o PP ten máis fácil sacar agora a maioría absoluta ca en 2005.

Redacción - 12:50 02/11/2008

A poucos meses dos comicios galegos, as condicións do voto emigrante volven ao debate político.  O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, criticado no seu día polas súas campañas no exterior, considera que é prioritario poñer en marcha o voto en urna para mellorar a transparencia no voto da diáspora.

Nunha entrevista na Radio Galega, Louzán referiuse ao último escándalo protagonizado polo seu compañeiro de partido e presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar. Logo de que transcendese que este último tiña asinado convenios do organismo provincial en mitins do PP en Arxentina e Uruguai, Louzán limitouse a afirmar que todos os partidos teñen “erros”.

Louzán tamén mostrou a súa seguridade de que o PPdeG “está en mellores condicións” de lograr a maioría absoluta que un mes antes dos comicios de 2005. O dirixente conservador coida que o bipartito vaise resentir nas urnas porque “frustrou as ilusións” dos cidadáns.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: