Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornada mundial polo traballo digno

A CIG pídelle ao Estado máis forza contra a directiva das 65 horas

Comezaron as manifestacións nas sete cidades galegas e na Mariña. A meirande foi a de Vigo.

Redacción - 19:15 07/10/2008

Milleiros de delegados da Confederación Sindical Galega (CIG) manifestáronse esta terza feira nas sete cidades de Galiza e en Cervo, na Mariña, para reclamarlle ao goberno español que sexa máis "belixerante" contra a directiva europea que pretende ampliar o tempo de traballo a 65 horas semanais.

A protesta máis multitudinaria foi a da comarca de Vigo, que xuntou na cidade varios centos de persoas que amosaron o seu rexeitamento a esta directiva. A manifestación concluíu ante a sede do Ministerio de Traballo, onde se entregou un escrito no que se detallaba a postura desta central sindical perante a directiva, e se lle pedía ao executivo estatal que exprese o seu rexeitamento con maior intensidade.

Consecuencias da aprobación da normativa en Europa
En declaracións a Europa Press, o secretario comarcal da CIG, Xerardo Abraldes, explicou que a norma comunitaria supón un "retroceso de 100 anos" no que se refire aos dereitos dos traballadores. Tamén advertiu que esta directiva vai prexudicar máis a "determinados sectores de servizos públicos" como poden ser os profesionais sanitarios ou os bombeiros, que fan gardas que, de se aprobar a norma, non han "computar como tempo traballado". O representante da CIG denunciou, ademais, que coa directiva a regulación do horario vai ser froito dun acordo entre traballador e empresario, polo que o ámbito da negociación colectiva quedaría desvirtuado, xa que "o empregado que asina" a directiva "renuncia ao convenio".

Abraldes subliñou tamén que, se a normativa se aproba apenas nalgúns países europeos, como os do leste, "dará lugar a deslocalizacións" cara a eses lugares, polo que seguirá tendo "consecuencias negativas".

Outras mobilizacións sindicais


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: