Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mobilizacións sindicais en todas as cidades

O traballo digno, prioridade mundial

Nin pensións, nin prestacións por desemprego, nin protección á maternidade... A oito de cada dez traballadores en todo o mundo néganlles dereitos sociolaborais básicos.

Redacción - 09:00 07/10/2008

A convocatoria é promovida pola Confederación Sindical Internacional, e adhírense a ela ducias de colectivos en todo o mundo. A meta é concienciar a cidadanía sobre a necesidade da presión política en favor de "traballo digno" para toda a poboación.

O concepto de "traballo digno" foi definido e divulgado internacionalmente pola Organización Internacional do Traballo (OIT) en 1999, como ferramenta básica de loita contra a pobreza, e baséase na garantía de salarios dignos e protección social básica, ademais de dereitos sindicais e laborais fundamentais. Segundo as propias cifras da OIT, o 80% dos traballadores do planeta non gozan desa protección sociolaboral básica.

A xornada está protagonizada na Unión Europea este ano pola indignación sindical aberta trala aprobación de cambios na directiva que regula o tempo de traballo. Paradoxalmente, na práctica vaise legalizar o que no seu día se admitira para o Reino Unido como feito excepcional e supostamente a extinguir no futuro, e permitiranse así incrementos de xornada laboral que chegarían a implicar semanas laborais de até 65 horas. Por riba, afróuxase a obriga ao empresariado de compensar con descansos o traballo realizado a maiores da xornada máxima.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: