Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornada Mundial polo Traballo Digno

A CIG convoca concentracións en todas as cidades contra a directiva das 65 horas

A "grave perda de dereitos" que significa a modificación lexislativa en materia laboral introducida recentemente na Unión Europea, centra as reclamacións da CIG este martes.

Redacción - 09:00 07/10/2008

As sete principais cidades e o Concello de Cervo, na Mariña, acollen as concentracións da Confederación Intersindical Galega para esta terza feira. A nova directiva europea sobre tempo de traballo centrará as queixas. A norma, aprobada polo Consello de Ministros da UE no mes de xullo, redefine ese concepto de traballo introducindo dúas novas categorías que favorecen a dispoñibilidade dos traballadores en interese do empresariado.

A CIG considera que se trata de modificacións "inaceptábeis" que van estabelecer un "grave retroceso" para os dereitos e as condicións laborais da clase traballadora. Advirten ademais de que se zoupará na conciliación da vida laboral e familiar, e acusan de "cinismo" ás autoridades europeas por argumentaren que se "favorecería" esa conciliación.


CONCENTRACIÓNS
A Mariña: Ás 11:00 horas no Concello de Cervo.
A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do goberno español
Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.
Lugo: Ás 12:30 horas diante da subdelegación do goberno español
Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical
Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da subdelegación do goberno español
Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.
Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: