Antes do estourido, unha persoa chamou, en nome de ETA, para avisar do que había acontecer. O explosivo estaba agochado nunha mochila ás portas do predio.
Na madrugada do sábado, por volta da 1:15 h., fixo explosión unha mochila bomba situada á porta dos xulgados de Tolosa (Guipúscoa). A detonación abriu un furado duns tres metros no lateral do predio, mais non casou ningún ferido. A ertzaintza mantén pechada a zona.
A onda expansiva provocou pequenos danos nos edificios da zona (Rúa San Juan Arramale Emparantza), así como nunha vintena de automóbiles que se atopaban aparcados perto dos Xulgados. Unha chamada, en nome de ETA, realizada ás 00:47 horas á Asociación de Axuda na Estrada (DYA) de Guipúscoa alertou da presenza do explosivo, segundo informou un voceiro da entidade.