Outras seis persoas resultaron feridas, unha grave, aínda que a súa vida non corre perigo. Unha persoa, en nome de ETA, avisou da súa colocación.
Un militar finou e seis persoas están feridas, unha grave, a consecuencia da explosión dun coche bomba na madrugada do domingo ao luns fronte ao Padroado Militar Virgen del Puerto de Santoña (Cantabria). Previamente, unha chamada deu aviso da colocación do artefacto en nome de ETA.
O ferido grave é tamén militar; o resto son cinco persoas que paseaban pola zona cando o coche bomba estourou sobre as 1.00 horas fronte ao edificio da academia militar. Este atentado é o terceiro que se produce en pouco máis de 24 horas, logo dos rexistrados este domingo en Ondarroa e Vitoria-Gasteiz (Euskadi).