Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOBE ATÉ OS 8,9 MILLÓNS DE EUROS

O orzamento da Casa Real non entende de crises

As dificultades económicas non se fan notar por igual en todas as partes do proxecto de Presupostos Xerais do Estado defendidos por Solbes.

Redacción - 19:05 30/09/2008
O goberno español continúa respectando os intereses da súa coroa

O goberno español continúa respectando os intereses da súa coroa

A casa real non sufrirá o vindeiro ano as consecuencias do mal momento que están a atravesar as economías asentadas no centro do sistema económico-financeiro mundial. Así, a partida orzamentaria adicada á familia real española ascende a 8,9 millóns de euros, o que supón un aumento porcentual do 2,7% con respecto aos 8,66 que terán recibido ao final deste ano 2008. Este crecemento de 240 mil euros contrasta co austero proxecto de lei para os Presupostos Xerais do Estado que o ministro de Economía presentou este martes.

Dentro das Altas Institucións do Estado, onde figura a Casa Real, o maior aumento rexistrarao o Consello Xeral do Poder Xudicial, que verá como o seu orzamento sobe un 5,8% para colocarse en 76,84 millóns de euros.

Conxélanse os salarios dos altos cargos

Outro indicador da delicada situación que afecta á economía española é o feito de que os salarios dos altos cargos se manteñan no ano 2009 iguais que neste 2008. Esta conxelación afectará ao presidente do Goberno estatal, así como a vicepresidentes e ministros, entre outros.


2,5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: