O presidente da Xunta asegurou este sábado que a aposta polos sectores produtivos e as políticas sociais serán o cerne das vindeiras contas.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, adiantou este sábado que as contas do vindeiro ano caracterizaranse “polo rigor e a austeridade”. Os principais eixos da política de investimentos en 2009 serán as políticas de vivenda, a aposta polos sectores produtivos e as melloras en materia social.
Touriño asegurou que diante das dificultades económicas hai que facer “política con maiúsculas”. O presidente sostén que o Goberno ten armas para facerlle fronte á crise económica, que pode ser máis evidente ao longo do vindeiro ano. Touriño volveu vincular a súa decisión de non adiantar as eleccións á necesidade dun executivo forte que non lle tema aos problemas económicos.