Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vieiras con toxina ASP

Beiras considera que Toñi Vicente é un "chibo expiatorio"

Uns 60 hostaleiros, adegueiros e amigos da chef defenden o "prestixio" desta comendo no seu restaurante.

Redacción - 18:20 12/09/2008
Comedor do restaurante Toñi Vicente

Comedor do restaurante Toñi Vicente

Hostaleiros e adegueiros de todo o país, xunto con amigos e "amantes" da cociña, apoiaron este venres cunha comida no restaurante de Toñi Vicente o "prestixio" da chef, imputada por un delito contra a saúde pública pola suposta compra de vieiras contaminadas.

Unhas 60 persoas, entre as que salientaba o político Xosé Manuel Beiras, reuníronse no restaurante que a cociñeira ten en Compostela. Toñi Vicente recibiu o aplauso dos comensais e asegurou sentirse "moi afortunada" por "ter estes grandes amigos", entre os que tamén estaban representantes do colectivo de hostaleiros galegos en Madrid e Barcelona.

Xosé Manuel Beiras, que se declarou "admirador" da "traxectoria exemplar" da cociñeira, opinou que non se pode converter unha persoa en "chibo expiatorio" con "unha agresión que pode acabar con decenios de anos de traballo". "De traballo contra vento e marea", engadiu.

"Mundo ao revés"
Ademais, cualificou de "escándalo" que o proceso xudicial se empece "ao revés" en lugar de centrar o problema nos responsábeis da suposta contaminación do marisco.

Beiras apuntou neste senso "a industria", que contaminou as rías e acabou co marisqueo, e referiuse á "destrución da costa" con medidas como "o plan de piscifactorías". E concluíu a súa intervención citando ao escritor uruguaio Eduardo Galeano, cuestionándose se estamos "nun mundo absolutamente patas para arriba".


2,91/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: