Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CONVENIO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Dez operadoras e fabricantes de móbiles incorporarán o galego

Os menús e aplicacións dos teléfonos e os servizos de información, webs e atención ao cliente ofrecerán a posibilidade de usar a nosa lingua.

Redacción - 19:00 08/09/2008

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vai asinar esta semana un convenio de colaboración con cinco operadores de telefonía móbil e con outros cinco fabricantes de teléfonos para incorporar a lingua galega tanto aos menús dos aparatos como aos servizos de atención ao cliente, webs e campañas publicitarias, entre outros aspectos.

A pretensión do departamento autonómico é incorporar e normalizar o uso da lingua a un eido de importante demanda como é a telefonía móbil. As empresas que colaborarán na campaña serán os operadores R, Telefónica, Vodafone, Orange e Yoigo e os fabricantes Motorola, Nokia, Samsung, Sony-Ericsson e Alcatel.

O convenio contempla a implantación progresiva da nosa lingua tanto nos menús e aplicacións como nos servizos que ofertan os operadores. Política Lingüística facilitará apoio técnico para a tradución e asesoramento lingüístico na revisión terminolóxica das mensaxes.

Reaccións
A Mesa pola Normalización Lingüística aplaudiu a iniciativa, aínda que lamentou que non se fixese até agora, despois de que tanto a Generalitat catalá como o Goberno vasco asinasen convenios semellantes.


4,46/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: