Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

Eroski ofrecerá móbiles en galego

A empresa asinou un convenio con Industria para ofrecer a nosa lingua nos seus terminais, en menús e en aplicacións.

Redacción - 18:30 30/01/2008

Respondendo a unha demanda nacida hai uns meses, a Consellería de Innovación e Industria e a sociedade Eroski promoverán e fomentarán o uso do galego de xeito progresivo no ámbito do sector da telefonía móbil, en virtude dun convenio subscrito este mércores por Fernando Blanco, a directora da Secretaría Xeral de Eroski, Leire Barañano, e o director xeral de Vegalsa Joaquín González.

Mediante este convenio -vixente ata final de ano- Eroski fomentará nos seus terminais a opción do idioma galego nos seus menús e aplicacións, así como nos pedidos aos fabricantes. Ademais, realizará unha campaña entre os seus abonados para informar da dispoñibilidade de renovar ou substituír o seu terminal por outros que conte con esta opción. Igualmente a operadora terá que facilitar as comunicacións, tanto orais como escritas, entre os seus abonados en galego, así como difundir este idioma na rede de establecementos que o grupo posúe nesta comunidade autónoma.

Exemplo catalán
Hai un par de meses anunciábase o acordo ao que chegaran a Generalitat de Catalunya e Orange para ofrecer servizos wap en catalán. No portal wap.orange.es/orangecat, Orange distribúe xogos, servizos de noticias de varios medios de comunicación en catalán e mesmo e emisión en directo da TV3. No portal tamén se poderá descargar música de autores cataláns. Antes, en outubro, o goberno catalán creara a páxina El Teu Mòbil para que os mozos e mozas puidesen saber que clases e marcas de teléfonos móbiles teñen a opción de programarse en catalán.


5/5 (34 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: