Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Daralle "seguridade xurídica" ao sector

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación do Plan Acuícola

Defenden que a medida é máis que unha "decisión política" por contar cunha "vintena" de informes técnicos favorábeis.

Redacción - 18:30 28/08/2008
Haberá 13 novas plantas

Haberá 13 novas plantas

A Asociación de Produtores de Rodaballo (Aroga) aplaudiu a aprobación no Consello da Xunta desta quinta feira do Plan de Acuicultura ao considerar que achegará "seguridade xurídica" ao sector.

A entidade, integrada polas oito principais firma acuícolas con intereses no noso país, defendeu que o proxecto constitúe un "marco claro" e "prefixado" que lle permitirá aos empresarios "saber o que poden facer en cada localización".

Fernando Otero, xerente de Aroga, afirmou que "é un instrumento de ordenación urbanística imprescindíbel para desenvolver novos proxectos", e agradeceu o "esforzo importante" realizado pola Consellaría de Pesca, así como o seu compromiso "en condicións difíciles".

Máis que unha decisión política

Otero recordou que o plan logrou o apoio "dunha vintena" de informes técnicos de carácter "preceptivo e vinculante", asinados por diversas consellarías, así como o amparo da Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio español de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), que abriu a porta á ampliación dos permisos de instalación.

"Aínda que a aprobación xurda dunha decisión política, só se pode efectuar con todos os pasos cumpridos e os informes favorábeis", apuntou.

Repartimento das novas plantas

Otero Varela sinalou que as trece novas plantas sairán a concurso público mentres que as ampliacións en once das piscifactorías xa existentes irán á empresa que executa actualmente a concesión.

Aroga está constituída por oito empresas entre as que figuran Stolt Sea Farm, Insuíña (filial de Pescanova), Acuidoro, Alrogal, Lusohispana de Acuicultura (propiedade do Grupo Isidro de La Cal), Piscícola del Morrazo, Aquacría Arousa, Punta Moreiras e Sea Sole.

En conxunto posúen 15 das 17 piscifactorías dedicadas á produción de rodaballo. Só Loitamar e Ayesa permanecen fóra desta organización, que asegura representar os intereses do 99% dos produtores de rodaballo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: