Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA NON SE VENDE

Tambores contra o plano acuícola

O Consello da Xunta aproba o plano acuícola malia a oposición de colectivos veciñais e ecoloxistas, que o consideran insostíbel e destrutivo.

Redacción - 14:25 28/08/2008

Mentres o Consello da Xunta lle daba o visto e prace ao plano acuícola, os manifestantes encheron as portas de San Caetano do ruído dos sons dos tambores. Tampouco faltaron as consignas: "Galiza non se vende", "A mellor acuicultura é a pesca de baixura" ou peticións de dimisión para Emilio Pérez Touriño foron algunhas das proclamas. Na convocatoria estiveron presentes entre outras as plataformas veciñais de Oia, Corrubedo, Seráns, Quilmas, Arou, Camelle e Xove, ademais do colectivo ecoloxista Adega, agrupados todos baixo a rede Galiza Non se Vende. Un cento de persoas expresaron así a súa oposición ao proxecto, do que din que suporá cementar uns tres millóns de metros cadrados e encher con quilómetros cúbicos de verteduras as nosas augas.

Os manifestantes reiteraron o seu rexeitamento a pór a costa galega en mans das multinacionais contaminantes e alertaron de que na posta en práctica deste plano supón a invasión do 3% do espazo da rede natura. Ante a aprobación do proxecto por parte da xunta, os diferentes colectivos adiantan que manterán as súas mobilizacións e que esgotarán todos os recursos legais para impedir a súa realización.

Consello da Xunta
Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño considerou ao remate do Consello de Goberno que este é "o mellor plano acuícola" para o sector. Asegurou que se deu resposta ás demandas presentadas e que aposta polo coidado do contorno natural e paisaxístico de Galiza. Neste sentido, subliñou que ningunhas das novas instalacións se situará en espazos da Rede Natura e que mentres o anterior plan prevía unha afección próxima ao 28% da superficie, o novo documento redúcea, dixo, ata un 1,8%.

O documento final contempla un total de 24 parques de acuicultura: 5 na provincia de Pontevedra, 12 na da Coruña e 7 na de Lugo. 11 deles correspóndense con ampliacións de plantas xa existentes e os 13 restantes son novas edificacións. O seguinte paso agora é desenvolver os planos sectoriais.

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: