Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AUDIO DIXITAL

Despois do MP3... chega o MT9

Unha empresa coreana xa comercializa cancións no novo formato, que permite axustar o volume dos instrumentos por separado.

Redacción - 14:40 06/07/2008

Investigadores coreanos presentaron un novo formato de audio dixital que pretende ser o sucesor do MP3 e mesmo dar paso á "Música 2.0". O MT9, que así se chama, contará con seis pistas de audio diferentes, que o usuario poderá mesturar ao seu gusto.

O formato, creado pola empresa Audizen, xa se está a comercializar en Corea e pretende acadar o status de norma internacional. Ao seu favor pode xogar o feito de que non contará con sistema DRM de protección anticopia.

Porén, o MT9 ten un problema técnico engadido, e é que a conversión tense que facer directamente dende o estudio de gravación, separando os instrumentos e a voz en diferentes pistas. Unha delas, ademais, poderá incluír a letra da canción, moi útil para os afeccionados ao karaoke, que poderán suprimir facilmente a voz solista.

As empresas de electrónica, tamén coreanas, LG e Samsung xa amosaron interese en incluír o MT9 nos seus próximos teléfonos móbiles. No país asiático xa saíron á venda un número limitado de cancións no novo formato, que se venden, na web de Audizen, a un prezo de entre 1 e 2 euros.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: