"Leva a Galicia na ialma/os galegos …no corazón/todo Allariz o votou/O Arnoia por el rezou/e no goberno entrou". Así comeza Galicia será nación, unha canción dedicada a Anxo Quintana que compuxo, gravou e vén de publicar en mp3 Edilberto Alonso. Trátase dun veciño de Curtis emigrado a Irlanda que xa conta con máis pezas publicadas na rede, como Love is life, dedicada á voda dos príncipes de Asturias, ou Maixkenunka, sobre a crise do Prestige. Porque non nos confundamos no ideolóxico (ou si), xa que "malia que é notorio que o trobador curtés non abraza o nacionalismo, si ve con bos ollos dende a emigración que Galiza sexa considerada unha nación dentro do Estado español!. Hai quen xa deu en chamarlle a Alonso 'o Leonardo Dantés galego', pero mellor xulguen por vostedes mesmos.