Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Os acusados son Apple, Samsung e Sandisk

Mercan os dereitos sobre a patente dos reprodutores mp3 e denuncian os principais fabricantes

A empresa estadounidense Texas MP3 Technologies demandou a Apple, Samsung e Sandisk, principais fabricantes de reprodutores mp3 do mundo, por infrinxir a lei de patentes. Os denunciantes mercáronlle a dous coreanos hai pouco máis de dúas semanas un curioso rexistro de 1997 relacionado con este tipo de reprodutores.

Redacción - 11:00 04/03/2007

"Un dispositivo portátil de audio conveniente para reproducir información codificada en formato mpeg e que inclúe varias entradas, capacidade para almacenar datos, unha pantalla, unha saída de audio, un procesador e unha batería". Esta é a patente que rexistraron en 1997 dous visionarios coreanos.

Hai dúas semanas venderon o seu rexistro á empresa Texas MP3 Technologies, que apenas tardou dez días en presentar unha demanda contra Apple, Samsung e Sandisk por infrinxir a lei de patentes.

A venda dos dereitos a unha empresa texana non foi casual. Na cidade de Marshall acostuman a levarse a cabo numerosos xuízos rápidos por infracción de patentes que case sempre favorecen ao demandante. Texas MP3 Technologies reclama unha sentencia severa xa que as tres empresas vulneraron o rexistro de forma "voluntaria".

Esta semana a empresa Microsoft tamén foi condenada a pagar 834 millóns de euros a Alcatel por utilizar unha das súas patentes sobre o formato mp3.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: