Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONEXIÓN A INTERNET

O Estado Español, entre os que usan máis wi-fi na Unión Europea

Porén, o Eurobarómetro sobre tecnoloxías da comunicación segue a amosar un atraso fronte á media continental.

Redacción - 18:20 30/06/2008

Segundo un Eurobarómetro da Comisión Europea, o Estado Español é o segundo da Unión cunha porcentaxe máis alta de conexións á rede sen fíos, só por detrás de Luxemburgo. O estudo consistiu en máis de 20.000 entrevistas a persoas dos 27 estados membros nos dous últimos meses de 2007 sobre o seu uso de internet, telefonía e televisión.

Os estados cun uso máis alto de conexións wi-fi son Luxemburgo (75%), o Estado Español (68%) e Francia (67%). No outro extremo están Letonia, Hungría e Lituania, por debaixo do 25%. Porén, é o único dato en que destacan os fogares españois. Así, o acceso á rede é do 38%, por debaixo da media, do 49%. A banda larga aumenta até o 28%, fronte ao 36% da media do continente.

No uso do móbil, o Estado Español está lixeiramente por riba do habitual en Europa, co 25% dos fogares españois fronte ao 24% dos europeos. Tamén é o estado é o segundo, por detrás de Austria, no uso de cabinas telefónicas. No leste de Europa unha media do 43% dos fogares usa as chamadas telefónicas a través de internet, fronte ao 18% dos 15 primeiros membros da UE. Os dous estados ibéricos están mesmo por debaixo desa media.

O Estado Español é tamén un dos que máis reciben a televisión a través da antena (77% fronte ao 41% europeo), e dos que menos empregan o cable (11% fronte ao 34% da UE).


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: