Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CUSTARÁ 350.000 EUROS

O Concello de Lugo promete wifi para o 90% da súa area rural

A cidade acollerá o Foro de Cidades Dixitais de Galicia a partir do 26 de abril

Redacción - 14:07 13/04/2007

O concello de Lugo acaba de anunciar a “implantación da banda larga sen fíos wimax/wi-fi” para o 85-90% da zona rural do concello. Será o Estado quen financie os 350.000 que custará a instalación da rede.

Lugo únese así a Santiago, A Coruña e Ribadumia, algúns dos concellos que, a poucas semanas das eleccións municipais, anunciaron o despregamento de redes públicas.

Ademais o municipio lucense indica que vai realizar un programa de formación polos barrios da cidade, co fin de achegar as novas tecnoloxías aos maiores.

Reunión do Programa Cidades Dixitais
Estas iniciativas forma parte de Lugo Dixital, inciativa q do programa Cidades Dixitais, que busca a extensión das novas tecnoloxías mediante accións locais. Precisamente a partir do 26 e 27 a cidade amurallada acollerá o II Foro de Cidades Dixitais. Representantes dos programas de Vigo, A Estrada, Santander, Avilés, e Leganés, Alcobendas, A Coruña, Segovia Vilalba e As Pontes participarán no encontro.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: