A parella entrou de primeira en C-2. Ademais, houbo outras tres medallas para os galegos: de prata para Tono Campos e Iván Alonso, e de bronce para Diego Romero.
A selección estatal destacou no medalleiro nunha competición internacional, máis unha vez, grazas aos palistas galegos, que gañaron cinco dos seis metais que trouxo a Federación Española de Piragüismo da Copa do Mundo de Maratón, disputada esta fin de semana en Brandemburgo (Alemaña).
O ouro, para Graña e Ferro
A parella formada por Óscar Graña e Ramón Ferro no C-2 destacaba entre os participantes, porque se trataba da Subcampioa do Mundo. Os galegos volveron demostrar outra vez a súa forza, entrando na meta moi por diante dos alemáns Neumann e Schmidt e os checos Luñazek e Klimek.
En K-2, o equipo formado polo galego Iván Alonso e o catalán Albert Corominas entraron de segundos, levando a prata, por detrás dos palentinos Santiago Guerrero e Jorge Alonso.
O sábado houbo outra medalla de prata, a de Tono Campos, en C-1 sénior. Tamén houbo medalla na mesma categoría, mais de bronce, para o catoirense Diego Romero.