Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PIRAGÜISMO

A parella formada por Graña e Ferro consegue a prata no Mundial de media maratón

Os palistas galegos Ramón Ferro e Óscar Graña conseguiron a súa medalla de en C-2 xusto na última xornada da competición.

Redacción - 10:54 10/09/2007

Na proba, que se disputou o domingo na vila húngara de Gyor, Ferro e Graña fixeron o percorrido todo en menos dun minuto e medio, sendo só superados pola parella local, os húngaros Attila Gyore e Edwin Csabai, que lles quitaron apenas un segundo. Terceiros ficaron os checos Dvorak e Koudelka, completando o podio.

O equipo estatal acabou o Mundial con dez medallas: tres ouros, catro pratas e tres bronces, e terminou segundo no medalleiro, mais conseguiu o título de campión sobre os outros países participantes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: