Unha vez máis, os piragüistas galegos volveron demostrar que son potencia a nivel mundial, traendo un ouro, tres pratas e un bronce para a casa.
Desta volta foi no Campionato do Mundo de Maratón que se disputou entre os días 8 e 9 de setembro en Györ (Hungría), onde os galegos sumaron 5 medallas.
As 5 medallas galegas, unha por unha
Ángel Cristian Ribadomar, do Breogán Outón Xunqueiriña, conseguiu o ouro en C-1 na categoría junior, demostrando que se está a traballar ben nas categorías inferiores. En senior tamén houbo medallas para Alfredo Bea (prata en C-1), Manuel Antonio Campos (bronce en C-1) e Ramón Ferro e Óscar Graña (prata en C-2).
A expedición galega que se desprazou ata Györ estaba formada por dez palistas e un adestrador.