A bomba, dirixida contra a empresa Amenábar, provocou danos materiais e feridas leves a dous ertzainas e a outro home.
Un artefacto explosivo estoupou a madrugada do sábado ao domingo fronte á construtora Amenábar, na localidade guipuscoana de Zarautz. A bomba, da que avisou unha hora antes unha informante anónima no nome de ETA, provocou tres feridos leves, dous ertzainas con lesións nos tímpanos e un home que sufriu cortes de vidros na cara.
Trátase do segundo atentado contra Amenábar, unha das principais adxudicatarias das obras do 'Y vasco', proxecto de TAV entre as tres capitais vascas, Francia e Madrid. A explosión produciuse ás 2:28, segundo informaron o Departamento Vasco de Interior e a Asociación de Axuda en Estrada (DYA), onde se recibiu, unha hora antes, a chamada de aviso. Ao parecer, tratouse dun artefacto de baixa intensidade, que causou danos na fachada do edificio e no soportal, ademais de danos nos vidros dunha vivenda próxima.